Ribela recupera esta fin de semana as súas festas patronais

Ribela recupera esta fin de semana as súas festas patronais

Este venres 18 Ribela recuperará as súas festas patronais na honra de Santa Mariña unha década despois da última celebración. Ás 13.00 horas dese día oficiaráse unha misa solemne, cantada polo coro de Santa Cristina de Vea. Ao remate desta, un grupo de gaitas amenizará a sesión vermú. Ás 20.30 horas haberá hinchables gratuítos para os máis pequenos da casa e, á noite, a verbena correrá a cargo de Tania Veiras e Los Coleguitas

O sábado ás 13.00 horas celebraráse unha misa na honra da Virxe do Carme, que tamén será cantada polo coro de Santa Cristina de Vea. A Charanga KM0 amenizará a sesión vermú, mesma agrupación que pola tarde fará un pasarrúas. O pasarrúas rematará no campo da festa cunha xuntanza veciñal e unha tirada de fogos.

Comentarios

Deixar un comentario