O departamento de Servizos Sociais do Concello da Estrada informou de que a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) lanzou un curso de Formación Dixital para a capacitación en competencias dixitais intermedias. Trátase dunha formación gratuíta, 100% en liña e con titorización personalizada.
Está destinado a persoas maiores de 14 anos e ten unha duración de 8 semanas. Ao remate, os participantes recibirán un diploma acreditativo da Xunta de Galicia e poderán presentarse ás probas ComDix (a certificación galega de competencias dixitais).
Dende o citado departamento destacaron que esta formación pode axudar aos cidadáns no seu día a día, resolvendo situacións comúns como os trámites coa administración pública, coñecer as principais ferramentas de protección e seguridade, ampliar o mercado laboral ou saber aplicar a intelixencia artificial, entre outras.
As inscricións poden facerse a través do enderezo https://bit.ly/formacion-dixital. Para finalizar a formación é necesarioaprobar o 80% das actividades avaliativas.

Deixar un comentario