A Estrada executou con éxito as medidas contra a violencia de xénero

A Estrada executou con éxito as medidas contra a violencia de xénero

O Concello da Estrada xa executou as actuacións incluídas no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. A través do Centro de Información á Muller (CIM), a administración local centrou as súas actividades na prevención da violencia, buscando que a sociedade estradense adquirise conciencia das consecuencias que ten tanto para as mulleres coma para os seus fillos e fillas.

As actividades realizadas foron un obradoiro de empoderamento, técnicas de relaxación e mindfulness para mulleres en situación de vulnerabilidade e a instalación dun punto violeta na Praza da Constitución durante as festas de San Paio, que serviu como punto de primeiro apoio e asistencia en caso de agresión por razón de sexo ou xénero e como punto de concienciación da poboación arredor desta lacra social. Nel tamén se puxo o aceno en que, ademais das propias vítimas, as testemuñas dun caso de violencia poden denunciar.

Taller de midfulness // Concello da Estrada

Imaxe de portada: punto violeta // Xornal da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario