A Estrada oficializa ante notario a cesión de terreos para a construción de vivenda pública

A Estrada oficializa ante notario a cesión de terreos para a construción de vivenda pública

Esta semana o Concello da Estrada oficializou ante notario a cesión de terreos á Sociedade de Vivenda Pública de Galicia (Avipugal) para a construción de 28 vivendas públicas na rúa de nova creación que intersecta coa Rúa Marín, na coñecida como urbanización do Mercadona.

As novas vivendas levantaránse sobre unha parcela de 1500 metros cadrados e será a primeira vez que se constrúa vivenda de protección pública en 20 anos. As primeiras residencias deste tipo construíronse ao pé da N-640 – na Avenida de Pontevedra – e, máis tarde, sumáronse as dúas construídas na Avenida Fernando Conde, a última a comezos dos 2000.

Imaxe de portada: acto de sinatura do convenio de colaboración // Concello da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario