Festas patronais en Santa Cristina de Vea

Festas patronais en Santa Cristina de Vea

Os vindeiros xoves 24 e venres 25 Santa Cristina de Vea celebrará as súas festas patronais. Os festexos arrancarán o xoves ás 13.30 horas, momento no que se oficiará unha misa solemne cantada polo coro parroquial. Ao remate, será Luces de Bohemia quen porá a música na sesión vermú. Esta agrupación, xunto con Aires de Broña, amenizará a verbena.

Ás 13.30 horas do venres celebraráse outra misa cantada polo Coro de Santa Cristina de Vea, que precederá a sesión vermú a cargo da Charanga Os Atrevidos. Á noite, a verbena contará coa música da Charanga Os Atrevidos e o Trío Alborada.

Comentarios

Deixar un comentario