Este venres 25 celebraráse en Castrovite, Orazo, unha romaría campestre na honra de Santa Mariña. Comezará ás 11.00 horas cunha misa rezada e outra solemne ás 13.00 horas. Ás 12.00 horas a Banda Recreativa e Cultural dará un concerto e, ao rematar a última das liturxias, amenizará a sesión vermú. Despois comezará un xantar, que estará amenizado por Lume na Lareira. A música coa que rematará a festa correrá a cargo do Dúo Cristina e Lucía.


Deixar un comentario