Berres prepárase para unha nova edición das festas do Amparo

Berres prepárase para unha nova edición das festas do Amparo

Esta fin de semana Berres celebra as festas na honra da Virxe do Amparo, que comezarán o sábado e alongaránse ata o luns. O inicio marcaráno as bombas de palenque e o repenique das campás da capela de Rocaforte. Na tardiña do sábado tocará a charanga Tíralle do Aire e a verbena correrá a cargo de Mar de Arousa e da Disco Móbil Apocalipsis.

O domingo comezará con foguetes nos ceos da parroquia. Ás 13.00 horas oficiaráse unha misa solemne. O pasarrúas, que comezará ás 11.00 horas, a sesión vermú e a verbena correrán a cargo das bandas Municipal de Silleda e de Música Artística de Merza.

O luns as bombas voltarán marcar o inicio da xornada. Ás 13.00 horas oficiaráse unha misa solemne, que será precedida polo pasarrúas e seguida da sesión vermú, ambos coa música da Banda Municipal da Estrada. Á noite, a verbena estará amenizada polas orquestras Saudade e Tango.

Comentarios

Deixar un comentario