Veciños de Cereixo e Arca visitaron o sur de Pontevedra

Veciños de Cereixo e Arca visitaron o sur de Pontevedra

Este martes membros das asociacións veciñais de Cereixo e Arca participaron no programa +Convivencia da Deputación de Pontevedra. Á mañá saíron desde a Praza da Constitución para visitar puntos como Tui, Baiona ou o Monte Santa Trega.

A deputada provincial Sandra Bastos sumouse a esta partida. Na viaxe tamén participou o alcalde, Gonzalo Louzao. No alto de Santa Trega douse a casualidade de que se atoparon co presidente da Deputación, Luis López Diéguez, e co alcalde da Guarda, Roberto Álvarez Carrero.

Dende o Concello lembraron que as asociacións aínda poden solicitar participar neste programa, que permite coñecer distintos puntos da provincia de Pontevedra.

Imaxe de portada: os participantes, xunto con Luis López Diéguez e Roberto Álvarez Carrero // Concello da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario