A Estrada cambiará o modelo e reorganizará os contedores amarelos

A Estrada cambiará o modelo e reorganizará os contedores amarelos

Nos vindeiros meses engadiránse contedores do vidro e chegará o marrón

O Concello da Estrada vai substituír os actuais contedores amarelos do casco urbano por outros dun modelo diferente a partir de mediados do mes de agosto. Con este cambio, os contedores terán unha maior capacidade e estarán adaptados á carga lateral e, como consecuencia, reorganizaráse a ubicación destes.

Co novo modelo, pasaráse de contedores de 800 litros de capacidade a contedores de entre 1.800 e 3.200 litros. Para optimizar o espazo e garantir unha recollida máis eficiente, o número de puntos de depósito será revisado e reorganizado.

Óscar Durán, edil de Servizos Municipais, indicou que esta modificación implicará algúns dos contedores amarelos agora distribuídos polas rúas da Estrada desaparezan e outros se reagrupen, unha vez se teñan incorporadas as unidades que duplican ou triplican a capacidade actual. As unidades que se retiren e se atopen en bo estado empregaránse para reforzar a recollida de envases lixeiros no rural, polo que se poderían sumar uns 150 colectores.

Ademais, os camións que se empregarán para a recollida do lixo serán de carga lateral. Con este sistema, só será necesario que no camión vaia o condutor, que terá que colocar o camión paralelo ao contedor e activaráse de xeito automatizado o mecanismo de carga e baleirado a través do dispositivo que incorporan, algo que contrasta cos camións de carga traseira, onde se precisan unha ou dúas persoas máis á parte do condutor.

Superando a media

Durán aproveitou a ocasión para recoñecer e aplaudir públicamente os datos que vén de aportar Ecoembes, empresa encargada da xestión dos residuos depositados no contedor amarelo. Segundo eles, A Estrada sitúase por encima da media, cunha marca do 24%.

A isto sumaríaselle un incremento de entre o 10 e o 15% en cada exercicio do número de envases lixeiros depositados nestes contedores, chegando aos 450.000 quilos.

Reunión con negocios sobre o contedor marrón, maio de 2025 // Concello da Estrada

Novos contedores

Por outra banda, aos contedores amarelos sumaránselle nos vindeiros meses novos contedores. Segundo avanzaron desde este departamento municipal, incorporaránse 15 novas unidades destinadas ao vidro e, a partir do outono, chegará o contedor marrón, destinado aos residuos orgánicos.

Imaxe de portada: contedor amarelo // Concello da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario