Gonzalo Louzao, alcalde da Estrada, visitou este mércores os participantes na segunda quenda do Campus Deportivo de Verán durante as actividades que se estaban a desenvolver nas piscinas municipais.
Os campistas veñen facendo uso das instalacións acuáticas dende o inicio do campus e os que asistiron nesta quincena puideron estrear o vaso grande, logo da súa reforma integral. Os rapaces foron distribuídos polos tres vasos en función da súa idade.

Este ano o Campus Deportivo de Verán atende un total de 883 solicitudes. Moitas delas son de rapaces e rapaces que repiten a experiencia en diferentes quendas. Na que remata este xoves hai 272 participantes. En agosto a afluencia baixará a 183 inscritos na primeira quincena e a 152 na segunda.
Imaxe de portada: participantes no vaso grande das piscinas municipais // Concello da Estrada

Deixar un comentario