Cuntis foi escenario de novos actos vandálicos, segundo informou o Concello. Un dos bancos do concello quedou dividido en varias partes por mor destes actos e iso, comentan desde o municipio, “repercutirá directamente nas arcas municipais e, por tanto, nos petos de todas as veciñas e veciños de Cuntis”. A iso súmase o “grave prexuízo estético” e “patrimonial” que poden supoñer.
Por iso, desde o Concello de Cuntis fan “un chamamento á responsabilidade e ao civismo” e pediu colaboración cidadá para dar cos responsables deste ou doutros incidentes.
Lembremos que hai unha semana esta institución anunciaba que a Policía Local identificara aos autores doutros actos vandálicos.
Imaxe de portada: o último acto vandálico // Concello de Cuntis


Deixar un comentario