Fin de curso para os alumnos de Arteterapia

Fin de curso para os alumnos de Arteterapia

A concelleira de Benestar Social, Amalia Goldar, participou este mércores nas actividades de finde curso de Arteterapia, unha iniciativa na que participan unha quincena de estradenses con discapacidade intelectural e na que se empregan as artes plásticas para mellorar saúde e benestar.

Estes obradoiros celébranse ao longo de todo o ano, exceptuando o mes de agosto. Os participantes asisten tres días á semana a razón de tres horas por xornada. Co respaldo de Asociación Galega das Artes, empregan a expresión pictórica sobre múltiples soportes.

Na visita institucional, o alumnado puido ensinarlle á concelleira os traballos máis recentes, que despois levarán para as súas casas, tal e como fixeron co resto de traballos.

“É unha actividade que funciona moi ben e na que os asistentes se senten moi cómodos, tanto que cando remata o curso xa temos peticións de que volva comezar”

Amalia Goldar, concelleira de Benestar Social

Imaxe de portada: Amalia Goldar cos participantes en Arteterapia // Concello da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario