O Estradense e AEstradaDixital lanzan unha campaña conxunta

O Estradense e AEstradaDixital lanzan unha campaña conxunta

O Estradense presentará o seu equipo o 6 de agosto

O Estradense vén de vivir unha das mellores tempadas dos últimos anos. Unha tempada que coincidiu co centenario e que os levou a rozar o ascenso a 2ª RFEF. Coa nova tempada aproximándose, o equipo local e AEstradaDixital lanzan unha campaña coa que ser socio roxillo ten premio.

Nunha rolda de prensa na que estaban presentes o director de AEstradaDixital, Diego Pernas, e o presidente e o vicepresidente do Estradense, Toño Camba e Álex García, respectivamente, o alcalde Gonzalo Louzao asegurou que o equipo roxillo é “unha referencia que fixo gala do estradensismo” e lembrou que a última campaña da operadora municipal, na que contaron con estradenses “que son exemplos do seu”, aumentou o número de servizos contratados.

Pola súa banda, Diego Pernas detallou en que consistirá a campaña que van realizar e que cualificou de “nexo de unión entre dous entes”. Será un conxunto de iniciativas que se desenvolverán ao longo de toda a tempada.

A primeira campaña ofrecerá beneficios a todos os socios que teñan algún servizo contratado coa operadora. Estas terán varias condicións que se lles detallará nas oficinas da compañía (na Praza da Música, ao lado de Radio Estrada) e que non as marcan elas, senón que “nos veñen impostas”.

No caso das persoas que contraten fibra, avanzou, cada fibra contratada terá o primeiro mes gratis. É dicir, que se unha persoa contrata 3 fibras, o primeiro mes non pagará nada por elas.

Toño Camba quixo agradecer tanto a AEstradaDixital, pola campaña que ofreceron, como a Radio Estrada, porque contarán cun programa deportivo diario no que darán conta da actualidade do equipo, entre outras noticias. Comentou que a campaña é “unha gran iniciativa” e agardou que “aos socios lle enganche”.

Comeza a pretempada

Cos ollos postos na tempada 2025-2026, asegurou que “os playoffs son un obxectivo”. En canto aos xogadores, “despois da tempada foi moi difícil renovalos”.

A pretempada comezará este venres ás 20.30 horas, cun partido contra o Silva. Xogaráse no Novo Municipal e a entrada será gratuíta.

Presentación do equipo do Estradense para a tempada 2024-2025 // Xornal da Estrada

Avanzou que o mércores 6 de agosto, ás 20.30 horas, presentaráse o novo equipo, nun acto semellante ao celebrado hai un ano, aínda que sen presentar a equipación porque se mantén a do ano pasado. Ao remate da presentación, xogaráse un amigable contra o Pontevedra, que está previsto que comece ás 21.00 horas.

Álex García comentou que a campaña de socios lanzaráse a vindeira semana ou a seguinte. O carné de socio contará con publicidade de AEstradaDixital e recollerá o lema da tempada, .

Imaxe de portada: presentación da campaña de AEstradaDixital e do Estradense // Xornal da Estrada

Comentarios

Unha resposta a “O Estradense e AEstradaDixital lanzan unha campaña conxunta”

  1. Avatar de Este mércores o Estradense coñecerá o seu destino na Copa Federación – Xornal da Estrada

    […] Por outra banda, a campaña de socios do Estradense xa conseguiu 650 abonados en cuestión dunha semana. Lembremos que este ano ser socio do club roxillo convertiráse en vantaxes no caso de ser cliente de A Estrada Dixital. […]

    Gústame

Deixar un comentario