Esta fin de semana Moreira celebrará as súas festas na honra de Santo Domingo. Comezarán o sábado 2 ás 13.00 horas cunha misa cantada, á que seguirá a sesión vermú, a cargo da Banda de Música Municipal da Estrada. Ás 21.30 horas comezará a actuación do grupo Marineda, dúas horas máis tarde será o turno do grupo de acordeóns Os Lóstregos e, a partir da 1.00 horas, de Pili Pampín.
O domingo ás 13.00 horas oficiaráse unha misa cantada. O pasarrúas e a sesión vermú desta xornada correrán a cargo de Fanfarria Furruxa. Ademais, ambos días haberá inchables de balde e bombas de palenque.

Deixar un comentario