Percorrido, horarios, cortes de estradas, estradenses que participan e por onde seguir na Subida á Estrada

Percorrido, horarios, cortes de estradas, estradenses que participan e por onde seguir na Subida á Estrada

Esta fin de semana celebraráse a Subida á Estrada, unha das probas destacadas do calendario automobilístico. Este venres os vehículos xa chegaron ao parque pechado.

A competición comezará este sábado e rematará o domingo. O percorrido é o mesmo ca en edicións anteriores, saíndo das Covas e rematando en Codeso.

A mañá do sábado estará reservada ás verificación técnicas e administrativas (de 8.00 a 11.30 horas). Ás 13.30 horas presentaránse os pilotos no parque pechado – situado na Praza da Constitución – e, ás 14.00 horas, no parque pre-saída. Ás 15.00 horas celebraráse a primeira manga de adestramentos e, a continuación, as dúas primeiras carreiras. Ao remate, os vehículos regresarán ao parque pechado.

O domingo ás 8.00 horas presentaránse os pilotos no parque pechado e, media hora despois, no parque pre-saída. Ás 9.00 horas terá lugar a segunda manga de adestramentos e, a seguir, as últimas dúas carreiras oficiais. Ao remate, regresarán os vehículos ao parque pechado, coñeceránse os resultados oficiais e celebraráse a cerimonia de podio.

Cortes nas estradas

A PO-213 verá afectada a circulación con motivo da Subida á Estrada. O sábado cortaráse a circulación a partir das 14.30 horas ata o remate da proba e, o domingo, pecharáse ás 8.30 horas.

Estradenses na subida

En canto á participación local, estarán os seguintes pilotos:

• Dorsal 1 – Jacobo Senin / Nova NP01
• Dorsal 2 – Jorge F. Vilarchao / Gloria C8P
• Dorsal 11 – Adrián Picaño / Yacarcross
• Dorsal 19 – Iván Picaño / Yacarcross
• Dorsal 20 – Manuel Rey “Vila” / Kincar
• Dorsal 21 – Rubén Paseiro / Kincar
• Dorsal 30 – Antonio Pérez / Peugeot 308 TCR
• Dorsal 34 – Roberto Barreiro / Seat 124
• Dorsal 49 – Manuel Carballo / Renaul Clío Rally 4
• Dorsal 51 – Miguel Millares /Mercedes Benz 190E
• Dorsal 52 – Juan Carlos Encinas / Sinca 100
• Dorsal 72 – Juan Recimil – Alejandro Barrio / Toyota Starlet

Por onde seguir a carreira en directo

A nivel local destaca a cobertura que fará Radio Estrada, emisora oficial da proba. Tanto o sábado coma o domingo emitirá un programa especial no que se comentará en directo a carreira. O sábado o programa comezará ás 10.00 horas e, o domingo, ás 9.00 horas. Este especial estará conducido por Alberto Pérez, Luis Mato e Damián Cortés.

Imaxe de portada: un dos participantes // Xornal da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario