A Estrada, Cuntis e Forcarei atópanse en risco alto pola calor

A Estrada, Cuntis e Forcarei atópanse en risco alto pola calor

Este luns os concellos da Estrada, Cuntis e Forcarei atópanse en nivel vermello polo risco alto que supoñen as altas temperaturas para a saúde, tal e como indica o Ministerio de Sanidade a través do plan Meteosalud. O certo é que estamos nunha vaga de calor que afectará a toda España – exceptuando o Cantábrico e os Perineos – ata o domingo.

Na xornada deste luns os mercurios poden marcar temperaturas de ata 38 graos en Cuntis, 37 na Estrada e 35 en Forcarei. Polas temperaturas que poden superar os 36 graos a AEMET terá activo entre as 13.00 e as 21.00 horas un aviso amarelo.

Ante situacións de tanta calor, desde o Ministerio de Sanidade beber auga e líquidos con frecuencia, incluso sen sede, e evitar as bebidas que teñan cafeína, moito azucre ou alcohol, pois favorecen a deshidratación. Aconsellan prestar especial atención a nenos, maiores e embarazadas, ademais de persoas cuxa enfermidade se poida ver agravada pola calor.

Sempre que se poida, deberáse estar en lugares frescos, evitar a práctica deportiva nas horas centrais do día (de 12.00 a 18.00 horas), empregar roupa fresca e evitaráse deixar persoas dentro dun coche estacionado e pechado.

Aconsellan consultar a un profesional sanitario no caso de ter síntomas relacionados coa calor que se prolonguen durante máis dunha hora, manter as menciñas nun lugar fresco e facer comidas lixeiras que axuden a recuperar os sales perdidos pola suor, como poden ser ensaladas, froitas, verduras ou zumes.

Comentarios

Deixar un comentario