Sábado de San Lourenzo en Sabucedo

Sábado de San Lourenzo en Sabucedo

Este sábado 9 Sabucedo celebrará as súas festas na honra do seu patrón, San Lourenzo. Ás 12.30 horas oficiaráse unha misa cantada polo Coro de Arca. Dúas horas máis tarde terá lugar no Campo do Medio un xantar popular, que estará amenizado polos gaiteiros Serradela.

Pola tarde, ás 16.30 horas presentaráse o libro Versos para soñarmos espertos, de Manuel Cabada Castro e haberá inchables e xogos e, despois, celebraráse o partido de solteiros contra casados. Ás 22.30 horas comezará unha velada amenizada por Dieguiño, exintegrante do grupo D’Moda.

Comentarios

Deixar un comentario