A activación do nivel 2 pola vaga de calor levou á suspensión do partido que se ía xogar este mércores e que ía enfrontar ao Estradense e o Pontevedra. Consecuentemente, a presentación do equipo da tempada 2025/2026 quedaba suspendida.
A nova data elixida, a non ser que se volvan producir situacións que impidan a súa celebración, é este xoves 7. Ás 20.30 horas comezará a presentación do equipo e, media hora despois, o partido. A entrada custará 10 euros.
Imaxe de portada: Estradense – Silva // Xornal da Estrada


Deixar un comentario