Dúas semanas despois da reapertura completa das piscinas municipais, lembramos como se sucederon os eventos durante o último ano en relación á súa reforma.
Verán 2024: recórtase o período de apertura das piscinas municipais para acometer a reforma do vaso grande, que ten graves perdas de auga
Mediados de febreiro de 2025: comezan as obras na piscina.
20 de maio de 2025: coñécese que o tamaño da piscina vai ser reducido á metade por problemas técnicos.
25 de xuño de 2025: desvélase o motivo polo que se reduce o tamaño do vaso principal e causa das filtracións de auga existentes: estaba feito sobre unha lousa flotante.

Ademais, anúnciase que o 1 de xullo só abrirán os vasos medianos e pequeno e que o vaso grande faráo o 15 dese mesmo mes. Neses primeiros días nos que non estará a instalación aberta por completo.
1 de xullo de 2025: só abre o vaso pequeno. Un desaxuste nos niveis do mediano impediu a súa apertura, coa esperaza de poder facelo ao día seguinte.
15 de xullo de 2025: A piscina grande non abre. Está comezando a encherse de auga.
16 de xullo de 2025: O Concello anuncia que o vaso grande abrirá o venres. Ademais, o acceso será gratuíto toda a tempada.
O vaso grande das piscinas da Estrada inauguraráse este venres
O acceso ás piscinas será gratuíto toda a tempada
18 de xullo de 2025: Retrásase a apertura debido a que non se cumprían os niveis sanitarios esixidos.
20 de xullo de 2025: Finalmente, o vaso grande abre as súas portas.
4 de agosto de 2025: A piscina tivo un sobrecuste de 96.914 euros, ascendendo o orzamento final a 503.983 euros.


Deixar un comentario