Souto rexistra problemas coa fibra óptica como consecuencia do lume

Souto rexistra problemas coa fibra óptica como consecuencia do lume

O incendio que se declarou este domingo na parroquia de Souto e que calcinou 20 hectáreas danou algúns postes e cableado da fibra óptica. Debido a isto, parte da veciñanza da parroquia e dos arredores está rexistrando problemas con este servizo.

O Concello da Estrada vaille notificar as diferentes avarías e danos provocados polo lume a Movistar, empresa propietaria destas infraestruturas, para que proceda a reparalas o antes posible.

Imaxe de portada: // Concello da Estrada / Montaxe: Xornal da Estrada

Comentarios

Unha resposta a “Souto rexistra problemas coa fibra óptica como consecuencia do lume”

  1. Avatar de Controlado o incendio de Souto – Xornal da Estrada

    […] Ás 12.09 horas deste martes a Consellería do Medio Rural informou de que se daba por controlado o incendio que se orixinou o pasado domingo en Souto. O lume detectouse preto dos contedores pero non supuxo un risco para as vivendas. Arrasou 20 hectáreas e provocou problemas coa fibra óptica. […]

    Gústame

Deixar un comentario