Imaxina e Axuda presentou os proxectos que levarán a cabo nos vindeiros meses. Entre eles atópase “Acción na Noite”, co que prepararán actividades de ocio alternativas para as noites dos sábados para reducir o consumo entre a xuventude estradense.
Con “Actuación Xove” a mocidade estradense poderá poñer as súas necesidades ao goberno. O deporte terá un oco con “Fóra de Xogo”, un evento no que se promocionarán e porá en valor a importancia dos deportes alternativos. Este proxecto contará con competicións oficiais e sesións formativas.
Por último, continuará un clásico desta asociación estradense: “Ponte as Lentes”, unha terapia inmersiva con persoas maiores para traballar a memoria reminiscente.
Imaxe de portada: Estación de Autobuses da Estrada, sede de Imaxina e Axuda // Xornal da Estrada

Deixar un comentario