Extinguido un incendio forestal en Troáns

Extinguido un incendio forestal en Troáns

Este mércores declarouse un incendio no monte de Guldrigán, en Troáns (Cuntis). O aviso dun veciño permitiu intervir rápidamente, ardendo 1000 metros cadrados. Ata o lume desprazáronse efectivos do Servizo Municipal de Emerxencias de Cuntis, Bombeiros Forestais e un axente forestal.

Para a súa extinción foi necesario mobilizar unha brigada, dúas motobombas, un Vehículo de Intervención Rápida e a Policía Local. O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, tamén se achegou ata o punto, chegando cando xa estaba controlado.

Recoramos que o risco de incendio continúa alto, segundo o Índice de Risco de Incendio (IRDI) da Consellería de Medio Rural. En caso de ver fume, débese chamar ao 085. A Xunta tamén ten o teléfono 900 815 085 para denunciar calquera actividae delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento. É gratuíto e anónimo.

Imaxe de portada: Incendio en Troáns, Cuntis // Concello de Cuntis

Comentarios

Unha resposta a “Extinguido un incendio forestal en Troáns”

Deixar un comentario