Fin de semana de festas en Frades

Fin de semana de festas en Frades

Esta fin de semana Frades celebrará as súas festas patronais. O venres 15 honraráse á patroa, a Nosa Señora, cunha misa ás 13.00 horas. A sesión vermú correrá a cargo de Sinen Saio. De 12.30 a 14.30 e de 18.30 a 20.00 horas haberá inchables gratis.

O sábado 16 celebraráse o Corpus. Ás 13.00 horas oficiaráse unha misa e, ao remate, a sesión vermú a cargo dos Gaiteiros de Barbude. Pola noite, a verbena estará amenizada polo dúo Sabor e Cyntia&Rose e haberá unha degustación gratuítade mexilóns.

O domingo 17 será o día de San Antonio. Ás 13.00 horas oficiaráse unha misa e, despois, terá lugar a sesión vermú coa música de Os Sin Son Ghaiteiros.

Haberá servizo de bar todos os días e sorpresas no vermú.

Comentarios

Deixar un comentario