López Bueno considera que as actuacións no servizo de recollida do lixo son “cosméticas”

López Bueno considera que as actuacións no servizo de recollida do lixo son “cosméticas”

O voceiro do PSOE da Estrada, Luis López Bueno, reaccionou ao agrupamento dos contedores do lixo en illas, unha medida que considera “cosmética” e que “non resolve ningún dos problemas do servizo”.

Mostrouse convencido de que iso “seguro que lle fai máis cómoda a recollida ao persoal” pero mostrou as súas dúbidas sobre o impacto real que poida ter sobre os veciños. Tamén reclamou explicacións sobre o novo contrato do lixo.

“Vai ser máis barato que o sistema actual, tal e como prometera o goberno o día que subiu o IBI? Vanse mellorar as frecuencias de recollida nas parroquias? Van subir a taxa polo servizo de recollida? Todo son preguntas sen resposta”

Luis López Bueno, voceiro do PSOE da Estrada

En canto ao rural, ve con bos ollos ampliar o número de contedores amarelos, aínda que  “hai que repoñer moitos outros que están destrozados”, lembrou. Asemade, reclamou un aumento das frecuencias, pois “estaremos igual de mal e seguiremos vendo contenedores rebosando todas as semanas” se se mantén a frecuencia actual e se amplía a rede.

Do mesmo xeito, mostrou a súa preocupación polos prazos na recollida de voluminosos e poque non se están retirando as verteduras no rural, algo que “é competencia municipal e ademais o goberno é plenamente consciente da localización desas escombreiras dende hai moito tempo”, asegurou á vez que pedía “civismo” aos cidadáns.

Imaxe de portada: contedores do lixo // Xornal da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario