Desde este mércores 27 e ata o venres 29 Requián (Frades) estará de festa, coincidindo coa celebración da Romaría da Virxe dos Milagres. Comezará ás 22.00 horas do mércores coa actuación de Unión y Fuerza.
O xoves, día grande dos Milagres, haberá misas a partir das 8.00 horas, sendo a das 11.00 en galego e a das 13.00, solemne. Ás 18.00, 19.00 e 20.00 horas oficiaránse misas rezadas. Ás 16.15 horas actuará o Grupo La Bamba e, a verbena, correrá a cargo de La Bamba e Players.
O venres celebraráse o Día da Nosa Señora da Piedade cunha misa solemne ás 12.00 horas, á que seguirá unha procesión. O Dúo Matices amenizará a sesión vermú.

Deixar un comentario