Este luns os participantes no Campus Deportivo de Verán foron de excursión ao Aquapark de Cerceda, coincidindo co inicio da última semana do campamento. Nesta última quincena participan 152 rapaces e rapazas, sendo a que menor participación ten. En total atendéronse 883 solicitudes, moitas delas de campistas que repiten experiencia durante varias quendas.
Imaxe de portada: Campistas en Cerceda // Concello da Estrada

Deixar un comentario