Este xoves 28 de agosto remata o prazo para presentar alegacións contra os macroproxectos eólicos de Chamarrapio, Alamoceiros e Xubrintas, cuxa infraestrutura – que inclúe 40 aeroxeradores de ata 220 metros de altura – afecta aos concellos da Estrada, Cerdedo-Cotobade, Campo Lameiro, A Lama, Fornelos de Montes e Covelo.
En Tarabelas na Terra de Montes teñen un modelo de alegación que se pode presentar no rexistro de calquera administración pública ou, de forma dixital, no rexistro do Goberno de España ou, no caso de ter Chave 365, no da Xunta de Galicia.
Imaxe de portada: // Pexels

Deixar un comentario