Xornal da Estrada prepara tres semanas de estreas

Xornal da Estrada prepara tres semanas de estreas

Xornal da Estrada está inmerso na preparación dos contidos que se estrearán nos vindeiros tres domingos. Neles estrearáse un novo formato na web e tres produccións audiovisuais na canle de YouTube.

Nova Reportaxe

A primeira estrea chegará este domingo 31 de agosto ás 19.00 horas da man do programa Reportaxe. En “La Estación, 11 anos creando oportunidades” coñeceremos a historia do Centro Juvenil La Estación, principal espazo adicado á xuventude no concello da Estrada.

A súa situación actual e futura tamén terá un oco, así como o significado que ten na vida dos seus membros. Todo isto coñecerémolo a través de Annie Sánchez, unha das súas fundadoras, e de Daniel e Adrián, dous dos seus membros.

Regresan os debates

Unha semana despois, o domingo 7 de setembro, regresa A Estrada a Debate. A partir das 19.00 horas poderemos coñecer as propostas dos diferentes partidos políticos en relación coa situación do Centro Juvenil La Estación.

Este non será o único debate, pois o domingo 14 de setembro, tamén ás 19.00 horas, teremos unha nova edición de A Estrada a Debate, nesta ocasión adicada ao rural.

A Newsletter da Semana

Presentados as tres produccións que se estrearán na canle de YouTube, é o turno de desvelar o novo formato na web. A Newsletter da Semana chega en substitución do Xornal Semanal. A partir do 7 de setembro, todos os domingos ás 19.30 horas estará dispoñible o resumo da semana.

Este espazo manterá a esencia do seu predecesor e, de feito, preséntase como unha continuación del, pero adaptado á nova situación do Xornal da Estrada. De feito, o nome saíu do texto que se empregaba nas ligazóns das historias de Facebook e Instagram para acceder ao artigo do Xornal Semanal que contiña todas as noticias da semana.

A Newsletter da Semana abordará os principais asuntos da actualidade semanal da Estrada ofrecendo, asemade, ligazóns a noticias publicadas neste e noutros medios locais. Estará estruturada en dous espazos diferenciados: no primeiro resumiránse as noticias máis relevantes e, no segundo, ofreceránse os titulares doutras novas que poden ser de interese.

A política mantén protagonismo os sábados

Como está a suceder desde o 15 de marzo, a política terá un oco nas tardes dos sábados. Politicando, o espazo no que cada semana un membro dos partidos locais estradenses redacta un artigo de opinión, seguiráse publicando os sábados ás 19.00 horas na web do Xornal da Estrada.

Deste xeito Xornal da Estrada mantén a súa aposta por ofrecer contidos diferentes aos que normalmente se atopan nun medio de información local, algo que leva facendo desde o seu nacemento.

Comentarios

Deixar un comentario