A Estrada presenta unha programación cultural cunha trintena de actividades

A Estrada presenta unha programación cultural cunha trintena de actividades

Este martes o Concello da Estrada presentou a súa programación cultural para este outono e parte do inverno. Unha trintena de actividades terán cabida na axenda cultural que, seguindo o acontecido na primavera, nalgúns casos as actuacións sairán do Teatro Principal.

Unha ampla programación que foi posible grazas á “sinerxia entre administracións”, comentou o alcalde Gonzalo Louzao. Para ela cóntase con fondos da Rede Autonómica de Teatros e Auditorios, da Xunta de Galicia, e do Plan +Provincia, da Deputación de Pontevedra. Estes últimos permitiron incrementar o orzamento ata os 152.000 euros.

Louzao asegurou que esta aposta permite levar “a cultura como bandeira do Concello” á vez que “outros concellos miran para A Estrada pola cantidade de premios e pola súa programación cultural”.

Na axenda destacan os espectáculos de Yllana e de Touriñán, ambos coas entradas xa á venda, amais do de Dayna Kurtz, entre outros. No final desta noticia detallaráse a programación ou tamén se pode consultar na web do Concello.

O conxunto de actividades difundiráse polas rúas e locais comerciais da Estrada O cartel, coma en edicións anteriores, foi deseñado pola estradense Rosa de Cabanas. Ademais, a concelleira de Cultura, Lucía Seoane, convidou aos estradenses a que, en caso de ter algunha dúbida, chamen ao departamento de Cultura.

Por outra banda, tamén avanzou que Un cómico na aldea, o programa co que se trasladan actuacións humorísticas polo rural estradense, terá a súa segunda parte entre os meses de outubro e decembro. Do mesmo xeito, as parroquias que non foron vistadas neste 2025 seráno na seguinte edición.

Programación de outono

Outubro

  • Festival de Danza 6 Coreógrafas: sábado 4 de outubro, 18.30h. Será na alameda.
  • Xacarandaina: domingo 5 de outubro, 12.30h. Será na Praza da Constitución.
  • Trash!, Producciones Yllana (Madrid): venres 10 de outubro, 20.30h. Será no Teatro Principal. As entradas custarán 10 euros e poderánse adquirir en ataquilla.com ou no Concello da Estrada.
  • Fala fala falangueira!, Matrioshka Teatro: sábado 11 de outubro, 12.30h. Será no Teatro Principal. Recomendado para un público maior de 6 anos. As entradas custarán 3 euros e contarán con venda anticipada no Concello da Estrada a partir do 6 de outubro.
  • Boa sorte, mala fama, Tarabela Creativa: venres 17 de outubro, 12.30h. Será no Tatro Principal. Recomendado para un público adulto. As entradas custarán 5 euros e contarán con venda anticipada no Concello da Estrada a partir do 13 de outubro.
  • Concerto de Outono, Coral Polifónica Estradense e Coro O Noso Lar de Barakaldo: sábado 18 de outubro, 20.00h. Será no Teatro Principal.
  • A lenda de Montelongo, Coral Polifónica Estradense e EMAE (ESTREA): sábado 25 ás 20.00h e domingo 26 ás 19.00h. Será no Teatro Principal. A entrada terá un prezo de 5 euros e haberá venda anticipada no Concello da Estrada a partir do 13 de outubro.
  • Oswaldo Digón, In-certo: venres 31 de outubro, 20.30h. Será no Teatro Principal. Recomendado para un público adulto. A entrada custará 10 euros e poderáse adquirir a través de giglon.com.

Novembro

  • Anduriña (concerto tributo a Juan Pardo), Antonio Barros e Ialma: venres 7 de novembro, 20.30h. Será no Teatro Principal. As entradas custarán 5 euros e haberá venda anticipada no Concello da Estrada a partir do 3 de novembro.
  • Pum pum, quen hai?, Artika Cía: sábado 8 de novembro, 12.30h. Será no Teatro Principal. Recomendado para un público infantil maior de 3 anos. A entrada custará 3 euros e haberá venda anticipada no Concello a partir do 3 de novembro).
  • As r(h)umorosas, Ledicia Sola, Marta Doviro e Carmen Méndez: sábado 8 de novembro, 20.30h. Será no Teatro Principal. Recomendado para un público adulto. A entrada custará 6 euros e estará á venda en ataquilla.com e no Concello da Estrada.
  • Aquí Tou!, Xosé A. Touriñán: venres 14 de novembro, 20.30h. Será no Teatro Principal. Recomendado para un público adulto. A entrada custará 12 euros, se se adquire no Concello, ou 18 se se adquire en ataquilla.com; á venda desde o 3 de setembro.
  • Bichitos, Spasmo Teatro (Salamanca): sábado 15 de novembro, 18.00h. Será no Teatro Principal. Recomendado para un público maior de 3 anos. As entradas custarán 5 euros e estarán á venda a partir do 10 de novembro no Concello da Estrada.
  • Festival Folk Lume na Lareira: domingo 16 de novembro, 18.00h. Será no Teatro Principal. A entrada terá un prezo de 5 euros e estarán á venda a partir do 24 de outubro.
  • As formas do amor, Verdeveras E.A.: venres 21 de novembro, 20.30h. Será no Teatro Principal. Recomendado para un público maior de 16 anos. Poderáse retirar a invitación necesaria para asistir a partir do 17 de novembro.
  • Concerto de Santa Cecilia, Banda Municipal da Estrada: sábado 22 de novembro, 20.00h. Será no Teatro Principal e de balde, con retirada previa de convite no Concello da Estrada.
  • Concerto de Santa Cecilia, Banda Cultural da Estrada: Venres 28 de novembro, 21.00h. Será no Teatro Principal, con entrada libre ata completar aforo.
  • Dayna Kurtz en concerto (artista norteamericana con 15 discos no mercado): sábado 29 de novembro, 20.30h. Será no Teatro Principal. A entrada custará 10 euros e estará á venda en ataquilla.com.

Decembro

  • Pacordas Locandroll, Escola de Música Pacordas (PRIMEIRA ACTUACIÓN ANTE O PÚBLICO XERAL): sábado 13 de decembro, 20.30h. Será no Teatro Principal. Retirada de convites na propia escola.
  • Música de Nadal, Banda de Música Municipal da Estrada, Coral Polifónica de Berres e Coral Polifónica de Santa Cruz de Ribadulla: venres 19 de decembro, 20.00h. Será no Teatro Principal. Entrada de balde con retirada previa de convite a partir do 15 de decembro.
  • Concerto de Nadal, Coral Polifónica da Estrada e Coral Polifónica de Soutomaior: sábado 20 de decembro, 20.30h. Será no Teatro Prinicipal. Entrada de balde previa retirada de convite a partir do 15 de decembro.
  • Encontro de Coros Parroquiais: domingo 21 de decembro, 17.00h. Será na Igrexa parroquial de San Paio.
  • Concerto de Nadal do Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso: martes 23 de decembro, 20.30h. Será no Teatro Principal.
  • Concerto O Nadal coa avoa Fina, A Gramola Gominola: sábado 27 de decembro, 12.30h. Será no Teatro Principal. Entrada de balde, con retirada previa no departamento de Cultura do Concello da Estrada a partir do 22 de decembro.

Xaneiro

  • O mundo máxico de Pinocho, EducaTeatro: venres 2 de xaneiro, 17.00h. Será no Teatro Principal. A entrada custará 6 euros e poderáse adquirir no departamento de Cultura do Concello da Estrada a partir do 9 de decembro.

Imaxe de portada: presentación da programación cultural // Xornal da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario