A Grela prepárase para tres días de festa, nos que se inclúe a recuperada carreira de burros

A Grela prepárase para tres días de festa, nos que se inclúe a recuperada carreira de burros

A Grela (Codeseda) celebrará esta fin de semana as festas na honra da Virxe de Guadalupe. Serán tres días que comezarán o venres 5 ás 21.00 horas coa I Festa da Orella, que contará con prezos populares e que estará amenizada polo trío Arena Musical.

O sábado 6 ás 18.00 horas terá lugar a procesión dos Santos de Codeseda e, media hora máis tarde sairán a Virxe de Guadalupe da Grela, San Xorxe de Cereixo, San Xoán de Liripio e San Ramón, o santo dos nenos, Ambos actos estarán acompañados pola Banda de Música Cultural da Estrada. Ás 19.00 horas produciráse o tradicional encontro dos santos na Cruz da Grela, onde se fará unha ofrenda aos Nosos Defuntos. Tras isto, regresaráse á Grela para, ás 20.00 horas, oficiar a misa cantada pola charanga Los Támega.

Ás 21.00 horas a Banda de Música Cultural da Estrada e, ás 23.00 horas, comezará a verbena, a cargo da charanga Los Támega e do DJ Simón Vázquez.

O domingo 7 oficiaranse misas ás 11.00, 12.00 e 13.00 horas, sendo esta última cantada por un coro. Ao remate da última liturxia, terá lugar unha procesión, acompañada polo Grupo de Gaitas Decotío. Ás 17.00 horas comezará unha festa infantil a cargo de Tikolandia, que contará co Porco Mecánico Rancho, único en Galicia, e de Pintacaras Ángela. Despois, recuperaráse a carreira de burros que, como era tradición, presentará o Rubio de Ribela.

Comentarios

Deixar un comentario