O BNG insiste: non houbo socorrista na praia fluvial

O BNG insiste: non houbo socorrista na praia fluvial

Este xoves o BNG lanzou a través das redes sociais unha nova crítica contra o PP polo servizo de socorrista na praia fluvial da Estrada. Nela aseguran que no partido que goberna na Estrada “están de coña”. Isto, segundo os nacionalistas, é porque coa chegada do mes de setembro colocouse un cartel avisando de que, como rematou a tempada de baño – que abrangue os meses de xullo e agosto -, xa non hai socorrista.

Desde o BNG aseguran que en ningún momento se prestou este servizo, tal e como denunciaron hai uns días. Por esas declaracións, o pasado luns Ismael Pena, concelleiro de Deporte, saíu ao paso e comentou que si que se prestou todos os días da tempada de baño en horario de 15.00 a 21.00 horas.

Imaxe de portada: cartel colocado para informar do final do servizo de socorrismo // Concello da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario