A vós fáltavos propoñer máis

A vós fáltavos propoñer máis

Xoán Reices, BNG da Estrada

A vós fáltavos propoñer máis:
Unha das críticas que máis escoito nas rúas, que máis me comentan, é que o Bloque debe propoñer máis. Non vou saír aquí dicindo que somos los más mejores (anque lo piense, que diría Pazos). Pero o que si que vou dicir é que esa crítica non é xusta. Levamos máis mocións presentadas que ninguén esta lexislatura, e podemos asegurar que case que calquera lexislatura en calquera administración. Vale, pódensenos criticar as medidas propostas. Dicir que son medidas pouco concretas cando imos ao xeral e que son demasiado pouco relevantes cando son medidas concretas. Iso é o que fai o alcalde, por exemplo. Pódenselle criticar moitas cousas ao BNG da Estrada, pero dende logo non se nos pode criticar a capacidade de traballo.
Presentamos LITERALMENTE máis iniciativas que o goberno da Estrada, que recordamos que ten varias persoas traballando exclusivamente para isto.
Dende que se iniciou a lexislatura conseguimos que se retransmitiran os plenos coa nosa insistencia, preocupámonos polo monocultivo de viñas, polo parque dos cans, polo estado das nosas estradas. Recentemente presentamos unha moción con propostas para mellorar a situación da vivenda. Por suposto, foi rechazada. Preocupámonos polo centro de diálese, polo problema dos parques eólicos, e polo olvido do Ano Castelao. Tamén pola situación do punto limpo, anque esta moción nin se debatiu en pleno porque o problema “xa está solucionado”. Si que debe estar.
E é que si, dende o bloque preocupámonos por todo. Con maior ou menos acerto, vaia, pero non se nos pode reclamar traballar pouco ou pensar soamente en nós. Tampouco se nos pode reclamar ser “o partido do non”. Sempre estamos dispostos a negociar, a debater propostas, a reunirnos. Isto sábeo calquera que estea no día a día da política Estradense.
Así que aquí seguiremos, traballando, coma sempre. Haxa resultados, ou non os haxa. Porque iso é o noso, e o que nos importa é que o traballo se faga, non gañar votos.

Para finalizar, recordar que sempre estaremos cos pobos oprimidos do mundo. E por iso compre berrar, sexa cal sexa o tamaño do noso altavoz: Dende o río ata o mar, Palestina vencerá!

Comentarios

Deixar un comentario