Loimil celebrará esta fin de semana as súas festas na honra da Virxe da Saleta. Comezarán este venres 12 ás 20.30 horas coa novena. Tras ela, haberá unha procesión desde a igrexa ata a capela acompañada pola Banda de Música Recreativa e Cultural da Bandeira. Tamén se tirarán fogos de artificio. Ás 22.00 horas terá lugar unha churrascada popular.
O sábado 13, día grande das festas, oficiaránse misas rezadas ás 10.00 e 12.00 e outra solemne ás 13.00 horas. A sesión vermú correrá a cargo das bandas de música Municipal da Estrada e Recreativa e Cultural da Bandeira. Ambas bandas, xunto co Dúo Cristina & Lucía amenizará a verbena.
O domingo 14 pecharánse as celebracións cunha misa solemne ás 13.30 horas e a posterior procesión coa que se levará a Virxe desde a capela ata a igrexa parroquial.


Deixar un comentario