Non hai ciclismo de estrada sen Estrada. Este concello repleto de costas que permiten que sucedan todo tipo de acontecementos nunha proba deportiva foi punto de paso da segunda etapa da Volta a Galicia, na que o italiano Leonardo Volpato (Campana Imballagi) impúxose na meta en Caldas de Reis e o ucraíno Maksym Bilyi (Cortizo).
A fuga da xornada foi desas que custa facela. Tardouse unha hora para que un grupo de once ciclistas marchara por diante, tempo suficiente para coroar o Alto da Cruz e pasar pola meta voante situada na Avenida Benito Vigo. No porto de montaña, de terceira categoría, o primeiro en pasar polo alto foi o andorrano Adriá Regada (Caja Rural-Alea) e, no sprint intermedio, foi o campión de España elite José María Martín (Extremadura-Pebetero) quen fixo o propio.
Foi no Pousadoiro, o último porto da xornada, no que Volpato atacou desde o grupo de cabeza, conseguindo irse en solitario. A 5 segundos del chegou o novo líder.
Imaxe de portada: paso do pelotón por Nigoi // cedida

Deixar un comentario