Dous feridos nunha saída de vía na Bragada

Dous feridos nunha saída de vía na Bragada

A EP-8401 rexistraba ás 13.30 horas deste domingo unha saída de vía na que dúas persoas resultaban feridas. Produciuse no punto quilométrico 0,3, na Bragada (Cuntis). Os feridos foron trasladados ata o Hospital de Montecelo polo 061 de Padrón.

Ata o punto tamén se achegaron efectivos de Emerxencias de Cuntis, Tráfico de Pontevedra e da Agrupación de Voluntarios de Paramá San Andrés de Vea.

Imaxe de portada: vehículo sinistrado // Agrupación de Voluntarios de Paramá San Andrés de Vea

Comentarios

Deixar un comentario