Con motivo do Día Mundial do Alzhéimer, este venres a Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencia Tipo Azlhéimer (Agadea) instalou no Centro de Saúde da Estrada unha mesa informativa sobre os seus servizos. A concelleira de Servizos Sociais, Amalia Goldar, achegouse ata alí.
Agadea é unha entidade sen ánimo de lucro formada por persoas usuarias, familiares, profesionais e voluntarios que traballan por mellorar a calidade de vida dos afectados (enfermos e coidadores) pola enfermidade de Alzheimer e doutras demencias.
Na Estrada levan 11 anos desempeñando a súa actividade, que comezou co Servizo de Estimulación Terapéutica e que, posteriormente, ampliouse co Centro de Día, que se ubica no edificio do Novo Mercado.
Imaxe de portada: visita de Goldar á mesa informativa // Concello da Estrada

Deixar un comentario