Veciños da Avenida de Santiago reclaman que se recolla o lixo con máis frecuencia

Veciños da Avenida de Santiago reclaman que se recolla o lixo con máis frecuencia

A Asociación de Veciños Avenida de Santiago mostrou a súa preocupación “pola deriva do servizo de recollida” do lixo. Comentan que os contedores amarelos “están a rebosar toda a semana” e que esta venres xa se atopaban “tiradas no chan pola falta de espazo nos contedores”.

Por iso, reclaman ao Concello que se aumente a frecuencia de recollida do lixo – incluídos os contedores de roupa e papel e cartón, que se atopan nunha situación semellante.

Situación en diferentes contedores da Avenida de Santiago // cedida

Imaxe de portada: contedor do plástico na Avenida de Santiago // cedida

Comentarios

Unha resposta a “Veciños da Avenida de Santiago reclaman que se recolla o lixo con máis frecuencia”

Deixar un comentario