Esta fin de semana Cora celebrará as súas festas na honra de San Miguel. Comezarán este sábado 27 ás 10.00 horas cunha misa rezada. Ás 13.30 hiras oficiaráse unha misa cantada polo Coro Parroquial de Santa Cristina de Vea, que estará seguida pola sesión vermú a cargo do dúo Aires de Broña, mesma agrupación que amenizará, xunto coa charanga Os Intocables, a verbena.
O domingo oficiaránse misas ás 11.00 e 13.30 horas, sendo a primeira rezada e, a segunda, cantada polo Coro de Santa Cristina de Vea. A sesión vermú contará coa música da Banda Municipal da Estrada.


Deixar un comentario