Queda adiado o roteiro sobre Avelina Valladares

O roteiro teatralizado sobre Avelina Valladares que se ía celebrar este sábado 27 quedou adiado debido ás previsións de chuvia. Organizado polo Concello da Estrada coa colaboración do espazo de Radio Estrada O Recuncho da Lingua no marco do Ano Cultural Avelina Valladares, permitiría coñecer mellor a figura da Cantora do Ulla.

Comentarios

Deixar un comentario