O punto de información turística atendeu a 3742 persoas no verán

O punto de información turística atendeu a 3742 persoas no verán

A maioría foron en agosto

O Pazo de Oca é un dos principais atractivos turísticos do concello e iso deixouse notar no punto de información turística que o Concello da Estrada instalou na parroquia do coñecido como Versalles Galego. En total foron 3.742 as persoas atendidas entre os meses de xullo, agosto e setembro.

O servizo activouse a mediados do mes de xullo. Entre a apertura e o final de mes atendeu a 788 persoas. No mes de agosto, mes vacacional por excelencia, a cifra ascendeu ata as 2.188 consultas. Ademais, entre o 1 e o 14 de setembro – día no que pechou – atendéronse outros 766 turistas.

Visita gratuíta para os estradenses

O Pazo de Oca recibe milleiros de visitas cada ano e, as cifras anteriores, son un reflexo de como foi a tempada estival no Versalles Galego. Cómpre lembrar que os estradenses poden visitar de balde os seus xardíns grazas ao acordo acadado coa Fundación Casa Ducal de Medinaceli. Só é necesario ensinar un carné no que se acredite o domicilio estradense.

Imaxe de portada: atencións por mes // Xornal da Estrada

Comentarios

Unha resposta a “O punto de información turística atendeu a 3742 persoas no verán”

Deixar un comentario