Esta fin de semana San Miguel de Castro celebrará as súas festas patronais. Os festexos comezarán ás 13.30 horas do sábado 4 cunha misa na honra de San Miguel. A seguir, a sesión vermú correrá a cargo do Dúo Punto Zero, mesma agrupación que amenizará, xunto co Dúo Dilema, a verbena.
O domingo 5 oficiaráse unha misa na honra do Perpetuo Socorro e de San Roque. A sesión vermú contará coa música da Banda Cultural da Estrada.


Deixar un comentario