De identificar os posibles autores de actos vandálicos a inaugurar un edificio xudicial

De identificar os posibles autores de actos vandálicos a inaugurar un edificio xudicial

Os avances xudiciais e as melloras no servizo xudicial semella que esta semana foron da man, pois o luns coñeciamos que cinco persoas eran identificadas como posibles autoras dos actos vandálicos do sábado anterior e dous días máis tarde inaugurábase o novo edificio xudicial da Estrada.

Con este resumo deixámolos cos titulares da semana:


5 identificados, entre eles un menor, polos actos vandálicos

A investigación determinará o grao de implicación de cada un.

Dúas persoas trasladadas tras un incendio nunha casa en Rubín

Arderon dous sofás.

Piden 16 anos de prisión

Por violar e maltratar á súa muller. Os feitos sucederon entre 2016 e 2022.

Despedida na AGASP

Da 17º promoción de Policía Local e da 11ª de oficiais.


A Estrada inaugura un edificio xudicial “que permitirá traballar con comodidade, modernidade e transparencia”

Este edificio chega tras anos de reclamacións do sector xudicial.

Politicando

Inauguramos movidas e tal

Xoán Reices, BNG da Estrada

Rueda agarda que o primeiro treito da autovía estea listo “antes de final de ano”

Todo dependerá “da climatoloxía”.

Reices volve reclamar o expediente que avalou a destrución da illa da praia fluvial

Critica que aínda non lle fose entregada a información cando se solicitou en xuño.

A Estrada consegue os 10 millóns dos fondos europeos

6 millóns serán aportados por Europa e, os 4 restantes, polas arcas municipais. Destinaránse ao rural, ao novo edificio de Servizos Sociais e á mellora da Casa da Música.


Louzao, único candidato a presidir o PP da Estrada

A súa foi a única candidatura que conseguiu o mínimo de avais necesarios. No seu caso, logrou duplicar os que se requerían.

O calendario do Congreso do PP

Os próximos eventos.

Luis López Bueno, novo coordinador comarcal do PSOE de Ulla-Umia

O estradense asume o cargo co obxectivo de reforzar a acción política conxunta e consolidar a voz socialista na bisbarra.


José María Vila Alén: “Cando veño á Estrada cargo as pilas e marcho coa batería plena”

O presidente da Casa Galicia de Bos Aires foi recibido no Concello.

O Papá Noel máis solidario

Regresará á Estrada o 14 de decembro.

Os voluntarios pagaron os 1.000 euros da operación

A cadela Bombón tiña as dúas patas rotas.


Solicitaráse un taller de emprego

Para melloras de espazos públicos naturais no rural.


O punto de información turística de Oca atendeu a 3742 persoas no verán

A maioría foron en agosto.

Toponimízate chegou á Estrada

Na Casa das Letras.

Adestra a túa saúde

Programa que se acaba de poñer en marcha.


Subasta dun baixo comercial

Sito na Rúa Antón Losada Diéguez.


A Banda Escola prepárase para o Certame Galego de Bandas

Cun concerto na Praza da Música

A música, o canto e o baile regresan a Ouzande

Comezaron as clases.


Comentarios

Deixar un comentario