Á venda as entradas de “Fala Fala Falangueira!”

Á venda as entradas de “Fala Fala Falangueira!”

Desde este luns 6 están á venda as entradas para a obra Fala Fala Falangueira!, de Matrioshka Teatro. A representación, de 50 minutos de duración, terá lugar o vindeiro sábado 11 ás 12.30 horas no Teatro Principal. Esta comedia está recomendada para un público maior de 6 anos. A entrada pódese adquirir de forma anticipada no Concello da Estrada e custará 3 euros.

Sobre Fala Fala Falangueira!

Esta peza nace do amor á lingua galega. Chelo do Rejo e Anabell Gago, dirixidas por Gena Baamonde xogan ao redor do mundo das palabras, amosando como estas foron transmitidas de xeración en xeración. Unha obra que configura no maxín dos máis e menos peques momentos de diversión e reflexión.

Imaxe de portada: Fala Fala Falangueira! // Captura de pantalla

Comentarios

Deixar un comentario