No marco do paro xeral convocado para este mércores 15 por Palestina, na Estrada convocáronse dúas concentracións en apoio ao pobo palestino e en contra do xenocidio e da ocupación dos terreos palestinos.
As concentracións serán ás 12.00 horas na Praza do Mercado e ás 20.00 horas na Praza do Concello. A primeira foi convocada pola CIG e a segunda, pola Coodinadora Galega de Solidariedade con Palestina.
Asemade, os diferentes sindicatos convocaron varios paros laborais. No caso da CIG son das 22.00 do martes 14 ás 2.00 horas do mércores 15 para os da quenda de noite e de 10.00 a 14.00 e de 18.00 a 22.00 horas para os de mañá e tarde, respectivamente. UXT e CCOO convocaron os seus paros de 10.00 a 12.00 e de 17.00 a 19.00 horas, ademais desde as 2.00 ás 4.00 horas do xoves 17. Namentres, a Confederación Xeral do Traballo (CGT), Solidariedade Obreira, Alternativa Sindical de Clase (ASC) e Confederación Intersindical convocaron unha folga de 24 horas.
Deixar un comentario