A outra cara da emigración chega ao Teatro Principal

A outra cara da emigración chega ao Teatro Principal

Desde este luns xa están á venda as entradas para a obra Boa sorte, mala fama, de Tarabela Creativa. Este drama representaráse este venres 17 ás 20.30 horas no Teatro Principal. De dúas horas de duración, está pensada para un público adulto. As entradas pódense adquirir por 5 euros no Concello da Estrada.

Sinopse

Esta peza nace da necesidade de contar aquilo do que pouco se fala. Nela vaise facendo unha cartografía e un percorrido a través de distintas épocas e persoas para contar a historia máis incómoda da nosa emigración. Tres mulleres en escena para representar o rostro menos institucional da emigración galega.

Imaxe de portada: Boa sorte, mala fama // captura de pantalla

Comentarios

Deixar un comentario