Este sábado ás 20.00 horas o Teatro Principal acollerá o tradicional concerto de outono da Coral Polifónica Estradense, que este ano estará acompañada polo Coro O Noso Lar do Centro Gallego de Barakaldo. Ambas replicarán o concerto realizado no Centro Gallego de Bizkaia en decembro de 2024.
Este concerto, dunha hora de duración, conta con entrada libre ata completar aforo e é apto para todos os públicos.

Deixar un comentario