O BNG critica que se reforme Don Nicolás tendo en conta que “non presenta problemas”

O BNG critica que se reforme Don Nicolás tendo en conta que “non presenta problemas”

O BNG da Estrada reprochou que se reforme a Rúa Don Nicolás – obras que forman parte do proxecto de peonalización da Farola e que comezaron o pasado martes -, pois a plataforma de cemento foi “colocada hai apenas 16 anos”. “Concretamente esta plataforma colocouse en 2009 para substituír ao adoquinado anterior, instalado a finais dos anos 90 do século XX, logo de innumerábeis problemas de estabilidade, desprendementos e seguranza para os veciños e veciñas”, engaden os nacionalistas.

Incidiron na “teima do PP” que xa criticaron en máis dunha ocasión de “gastar os cartos dos veciños e veciñas en obras que innecesarias e en espazos que obxectivamente están ben conservadas e non presentan maiores problemas”.

Os nacionalistas opinan que se debería actuar sobre rúas que non tiveron ningunha mellora nos últimos 20 anos e sobre o rural onde, comentan, o saneamento é unha materia pendente.

“Volver unha e outra sobre o xa feito, destruír para volver construír, non só amosa un goberno sen ideas e proxecto, que disimula as súas carencias baixo unha aparencia de eficiencia e xestión que non é tal”

BNG da Estrada

“A Rúa Don Nicolás obxectivamente non presenta problemas de ningún tipo, como tampouco o presenta a reforma da Praza da Farola”, engaden. Conclúen asegurando que esta obra “non é xestionar os cartos dos veciños”, senón que é “un despilfarro”.

Imaxe de portada: obras na Rúa Don Nicolás // Xornal da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario