Un camión envorcado obriga a cortar dous carrís da AP-9 en Portas

Un camión envorcado obriga a cortar dous carrís da AP-9 en Portas

Un camión de Finsa cargado con madeira envorcou na tarde deste xoves na AP-9 ao seu paso polo termo municipal de Portas. O suceso, do que o 112 tivo constancia ás 17.35 horas, obrigou a cortar un carril por cada sentido.

Segundo o testemuño da persoa que alertou, unha roda do vehículo rebentou e, como consecuencia, foise contra a mediana. Deste xeito, o vehículo envorcou e parte da carga espallouse polo carril esquerdo do sentido contrario.

Ata o punto achegáronse efectivos da Garda Civil e das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Portas e Cuntis. Non houbo que lamentar feridos.

Imaxe de portada: camión sinistrado // cedida

Comentarios

Deixar un comentario