O BNG lamenta que o PP “xogue ao despiste” coa hemodiálese

O BNG da Estrada lamentou que non se fixeran as obras anunciadas no centro de saúde para poder ofertar o servizo de hemodiálise intermedia que foi anunciado pola Xunta de Galicia en xaneiro deste ano e que aínda non se fixo.

Os nacionalistas criticaron que o PP “xogue ao despiste cos nosos veciños e veciñas, anunciando obras e servizos que logo quedan en nada” e que o anuncio só servise “para que os cargos do PP, entre eles o alcalde, sacasen a súa correspondente foto, pero para nada máis”.

“Este comportamento do PP demostra a falta de sensibilidade cos doentes que reciben o tratamento de hemodiálese”, engadiron á vez que lembraron que foron os pacientes e os seus familiares os que realizaron unha campaña de recollida de sinaturas.

“Instamos ao alcalde a que levante o teléfono para reclamar as promesas feitas polo goberno amigo de San Caetano”

BNG da Estrada

Aos nacionalistas tampouco lles gusta o “tratamento de segunda” que ten o que eles chaman “goberno amigo de San Caetano” co concello. “O servizo de hemodiálese intermedia só é válido para un determinado número de persoas, pero non para todos. É dicir, con este servizo os doentes terían que facer a hemodiálese nas súas casas, non no centro de saúde, ao coidado de profesionais” mentras que, continúan, en Lalín si que contan co servizo de hemodiálese no seu centro de saúde.

Comentarios

Deixar un comentario