A Estrada estrea zarzuela

A Estrada estrea zarzuela

A historia de amor entre Xan e Marica, dous mozos fillos de labregos de principios do século XX, que terá como contrapunto a Pedro, fillo dunha familia acomodada e tamén namorado de Marica, poderáse desfrutar esta fin de semana no Teatro Principal. Humor, emoción e conflito mestúranse na Lenda de Montelongo, unha peza que, orixinalmente, foi estreada en 1924.

A Coral Polifónica Estradense, Escola Municipal de Artes Escénicas (EMAE), mestres do Conservatorio de Música da Estrada, Tequexetéldere e os solistas Indra Sesti e Jacobo Rubianes uniránse nunha peza única que se poderá desfrutar durante dúas xornadas distintas. O primeiro pase será o sábado 25 ás 20.00 horas e o segundo, o domingo 26 ás 19.00 horas.

As entradas, que custan 5 euros, pódense adquirir de xeito anticipado no Concello da Estrada. No caso de que esta zarzuela que se está recuperando nos últimos anos teña unha gran acollida, tense sobre as táboas a posibilidade de ofrecer máis pases.

Imaxe de portada: presentación da Lenda de Montelongo // Concello da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario